Exposición Vacío Construído. Pintura e fotografía en Vigo.
Despois de comezar súa andaina na Coruña e recalar en Lugo, VACÍO CONSTRUÍDO preséntase en Vigo, onde se poderá ver na Casa do Libro dende o día 2 ata o 30 de Setembro. A exposición é un proxecto conxunto, levado a cabo por Oscar Cabana, Pablo Mella e Beatriz Pérez, tres arquitectos que combinan seus traballos diarios no eido da construcción e o urbanismo con outras disciplinas artísticas, como a pintura, a fotografía e o deseño de xoias.
A través dunha linguaxe claramente tectónica, esta mostra é un tento por parte dos artistas de expresar o baleiro resultante dos espazos construidos polo ser humano.
Imaxes onde o protagonista é o aire latente, quen a través de silencios pon en relación o medio natural con outro cada día máis humanizado.
Brancos e negros amosan un equilibro que ás veces se altera a través de pinceladas vermellas. Nesta ocasión, o que se amosa é a parte de VACÍO CONSTRUÍDO realizada por Oscar Cabana (pintura) e Pablo Mella (fotografía), composta por obras individuais e outras resultado da colaboración entre ambos artistas.




Percherona
Use the gap
Don´t look Back
Revistero Corner



Deja tu comentario
Quieres unirte al debate?Contribuye!